Ence reafirma o seu papel como referente en sustentabilidade industrial ao manter, de forma ininterrompida desde 1999, a súa adhesión ao Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais (EMAS).
A compañía foi a primeira empresa en Galicia en obter este rexistro europeo renovando sucesivamente a súa presenza neste sistema.
Desta forma converteuse na empresa máis lonxeva presente neste mecanismo voluntario da Unión Europea en xestión ambiental.
O sistema EMAS (Eco-Management and Audit Scheme) é unha ferramenta desenvolvida pola Unión Europea que recoñece a aquelas organizacións que implantaron un Sistema de Xestión Medioambiental e adquiriron un compromiso de mellora continua, verificado mediante auditorías independentes.
A adhesión ao EMAS implica asumir requisitos máis exixentes que os establecidos pola normativa legal. Durante máis de dúas décadas, Ence someteuse a auditorías externas que garanten a transparencia dos seus datos ambientais. Cada declaración publicada é validada por organismos independentes.
INNOVACIÓN E MELLORA CONTINUA
Para a compañía, o EMAS non é só un certificado, senón un catalizador de innovación e mellora continua. Deste xeito, a compañía revisa periodicamente os seus obxectivos ambientais, adaptándoos aos retos globais e ás expectativas dos seus grupos de interese.
Todo iso permitiu avances significativos en eficiencia enerxética, xestión de residuos e redución de emisións, ademais de impulsar proxectos como a recirculación de efluentes e a rexeneración de auga, que reducen o consumo hídrico.
RECOÑECEMENTOS INTERNACIONAIS
A biofábrica de Ence en Pontevedra consolidouse como un referente internacional en sustentabilidade, avalada por prestixiosos recoñecementos.
Entre eles destacan a Medalla Platino de Ecovadis, a máxima cualificación outorgada por esta plataforma global; a etiqueta ecolóxica Nordic Swan, símbolo de excelencia ambiental; a Medalla Ouro da Comisión Europea pola súa mellora ambiental; e a etiqueta EU Ecolabel, que certifica produtos respectuosos co medioambiente.
Ademais, a súa biomasa conta coa acreditación SURE, que garante a súa sustentabilidade, e, máis recentemente, AENOR recoñeceu os 20 anos de compromiso ambiental da planta.