Ence recoloca en Pontevedra traballadores afectados polo peche da súa fábrica en Huelva

Pontevedra
20 de outubro 2014

Este luns espérase que os traballadores da planta da empresa Ence en Huelva ratifiquen en asemblea o acordo do Expediente de Regulación de Emprego alcanzado pola dirección da compañía e o comité de empresa para o peche da planta de celulosa onubense tras 50 anos de actividade

Concentración de traballadores de Ence Pontevedra Comité de empresa Ence-Pontevedra

Este luns espérase que os traballadores da planta da empresa Ence en Huelva ratifiquen en asemblea o acordo do Expediente de Regulación de Emprego alcanzado pola dirección da compañía e o comité de empresa para o peche da planta de celulosa onubense tras 50 anos de actividade.

Segundo informaron dende Comisións Obreiras, ambas as dúas partes acordaron recolocacións en Pontevedra e Asturias a aqueles traballadores que non sexa posible situar en Huelva.

Pola súa banda, Ence sinalou nun comunicado que o preacordo contempla a redución do número de afectados en Huelva e incrementa as recolocacións internas inicialmente ofertadas. Deste modo non se formularía ningún despedimento.

A pasada semana os traballadores da fábrica de Ence en Pontevedra secundaron catro días de folga en solidariedade cos 300 compañeiros afectados polo peche de Huelva.