O Encontro de Entroidos, unha cita imprescindible do verán de Vilaboa que chega o 12 de xullo

Vilaboa
28 de xuño 2025

Unha das novidades desta edición é o concurso 'Entroidos Tradicionais', que repartirá premios en metálico entre os participantes, fomentando a participación e recoñecendo o esforzo dos grupos

Entroido de Cobres 2025
Entroido de Cobres 2025 / Cristina Saiz

O próximo 12 de xullo, Vilaboa repetirá unha cita que xe volveu imprescindible cada verán, o Encontro de Entroidos, que chega á sétima edición.

Trátase dunha xornada completa de música, tradición e diversión para todos os públicos entre as 13:00 horas e ben entrada a noite

O programa abre ás 13.00 horas co tradicional Vermú de Entroidos no Chiringo de Deilán.

O encontro en si será a partir das 18:15 horas. A apertura correrá a cargo de Marci Varelae e ás 18:30 horas chegará o desfile e as actuacións dos entroidos, onde se poderá gozar dunha mostra da riqueza do patrimonio inmaterial galego e peninsular.

A festa continúa ás 21:00 horas coa Fanfarria Furruxa, que amenizará a cea co seu repertorio festivo.

Para os que queren estirar a noite, ás 23:00 horas comeza a 'Noite de Encontros', que contará coa actuación de Quinkillada e Boyanka Kostova, seguidas dos Dj's Encontro, con Dj Charlie e Dj Ekix aos mandos, garantindo que a música e a diversión se prolonguen hasta as tantas.

O evento tamén está pensado para os máis pequenos. Durante toda a tarde, desde as 18:00 até as 21:00 horas, haberá inchables

A programación inclúe un mercadiño de artesanía onde se poderán adquirir produtos locais e pezas únicas, así como postos de merchandising do propio evento.

Unha das novidades desta edición é o concurso 'Entroidos Tradicionais', que repartirá premios en metálico entre os participantes, fomentando a participación e recoñecendo o esforzo dos grupos que manteñen vivas estas tradicións centenarias.

Desde o Concello de Vilaboa destacan que o Encontro de Entroidos represéntase como "un exemplo de como as tradicións poden adaptarse aos novos tempos sen perder a súa esencia".

A celebración en pleno verán permite achegar estas manifestacións culturais a un público máis amplo, incluíndo visitantes que durante o Entroido tradicional non poden desprazarse ata o municipio.