A plataforma "Enfermeiras, a por todas" convocou para este martes protestas en cinco áreas sanitarias galegas, entre elas a de Pontevedra.
A protesta terá lugar á unha da tarde fronte á entrada principal do Hospital Provincial.
Reivindican un cambio na súa política de xestión do persoal de enfermería mediante a mellora das condicións laborais e salariais.
Esta plataforma defínese como un colectivo independente, apolítico e asindical conformado por enfermeiras de toda Galicia que se mobilizan pola progresiva precariedade que a súa categoría experimenta. Sinalan que, a día de hoxe seguen sendo mal clasificadas como Grupo A2, cando desde o ano 2007 coa aprobación do plan Bolonia, son graduadas universitarias e deberían ser Grupo A1.
Denuncian o sistema de contratación do Servizo galego de Saúde (SERGAS) que cualifican de "inxusto e opresivo".