Envorca un vehículo en Noalla despois de impactar contra un turismo aparcado

Sanxenxo
13 de febreiro 2025

Ás 8.00 horas producíase o accidente no viario Salgueira do Mato na parroquia de Noalla en Sanxenxo. Non se rexistraron feridos

O turismo envorcado en Noalla
O turismo envorcado en Noalla / Concello de Sanxenxo

Esta mañá, ás 8:00 horas, rexistrouse un accidente de tráfico no viario Salgueira do Mato, na estrada EP-9208, na parroquia de Noalla, no municipio de Sanxenxo.

O sinistro ocorreu cando un vehículo en circulación saíu da vía e chocou contra outro coche que se atopaba estacionado nas inmediacións.

O vehículo que orixinou o accidente quedou envorcado en metade da vía.

Non se rexistraron feridos como consecuencia da colisión e só producíronse danos materiais en ambos os dous vehículos.

Tras o accidente, activáronse os protocolos de emerxencia.

Desprazándose ao lugar efectivos da Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e o Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) para garantir a seguridade na zona e investigar as causas que provocaron o accidente.