Os centros de ensino de Vilaboa, o CRA, o CEP de Riomaior e o CPI Toural, organizaron este curso o concurso fotográfico titulado "Vilaboa, unha contorna sorprendente".
Esta actividade, vinculada á celebración do Día das Artes Galegas dedicado este ano ao fotógrafo José Suárez, recolle a visión dos escolares sobre o patrimonio e a paisaxe de distintos puntos do municipio..
Unha selección das fotografías participantes permanece exposta desde este venres 27 de marzo e durante toda a Semana Santa na Casa Consistorial e no Centro de Saúde.
A mostra estrutúrase en paneis que presentan os traballos realizados polos diferentes niveis educativos como parte dun proxecto de observación do territorio e uso da fotografía como ferramenta pedagóxica.
A relación de premiados nesta edición inclúe a Simón Novas Martínez, Enzo Pérez Martínez e Xian Portela Gómez na categoría de Educación Infantil.
No primeiro ciclo de Educación Primaria o recoñecemento é para Indiana Jiménez, mentres que no segundo ciclo recae en Eila Barreiro e Pablo Ríos.
Darío González obtivo o premio no terceiro ciclo de Primaria e Yeray Antepazo na etapa de Secundaria.
O acto de entrega de premios realizarase o vindeiro mércores 1 de abril na Casa Consistorial. O alcalde, César Poza, participará na recepción oficial ao alumnado e ao profesorado que participou nesta iniciativa de vinculación co medio local.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.