Escolares de Vilaboa expoñen a súa visión do municipio nun certame de fotografía

Vilaboa
27 de marzo 2026

Unha escolma das imaxes amósanse no Concello e no Centro de Saúde como homenaxe a José Suárez polo Día das Artes Galegas

Obra de Oliver Calvo Acuña, titulada "Vilaboa sabe a mar" Concello de Vilaboa

Os centros de ensino de Vilaboa, o CRA, o CEP de Riomaior e o CPI Toural, organizaron este curso o concurso fotográfico titulado "Vilaboa, unha contorna sorprendente".

Esta actividade, vinculada á celebración do Día das Artes Galegas dedicado este ano ao fotógrafo José Suárez, recolle a visión dos escolares sobre o patrimonio e a paisaxe de distintos puntos do municipio..

Unha selección das fotografías participantes permanece exposta desde este venres 27 de marzo e durante toda a Semana Santa na Casa Consistorial e no Centro de Saúde.

A mostra estrutúrase en paneis que presentan os traballos realizados polos diferentes niveis educativos como parte dun proxecto de observación do territorio e uso da fotografía como ferramenta pedagóxica.

A relación de premiados nesta edición inclúe a Simón Novas Martínez, Enzo Pérez Martínez e Xian Portela Gómez na categoría de Educación Infantil.

No primeiro ciclo de Educación Primaria o recoñecemento é para Indiana Jiménez, mentres que no segundo ciclo recae en Eila Barreiro e Pablo Ríos.

Darío González obtivo o premio no terceiro ciclo de Primaria e Yeray Antepazo na etapa de Secundaria.

O acto de entrega de premios realizarase o vindeiro mércores 1 de abril na Casa Consistorial. O alcalde, César Poza, participará na recepción oficial ao alumnado e ao profesorado que participou nesta iniciativa de vinculación co medio local.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora