O espectacular incendio dun contedor paraliza Benito Corbal

Pontevedra
05 de xullo 2026
Actualizado: 23:42

A rápida intervención de varios cidadáns, que ao ver como empezaba a arder o colector optaron por retirar o resto, axudou a que o lume non se propagase e causara máis danos

Incendio dun contedor en Benito Corbal PontevedraViva

Un contedor quedou totalmente calcinado tras un incendio que se rexistrou este domingo na rúa Benito Corbal, unha das máis céntricas de Pontevedra.

O suceso produciuse sobre as dez e media da noite.

A rápida intervención de varios cidadáns, que ao ver como empezaba a arder o contedor optaron por retirar o resto, axudou a que o lume non se propagase.

Foron eles ademais os que deron o aviso aos servizos de emerxencia.

Até a zona desprazáronse varias unidades dos bombeiros de Pontevedra, que se encargaron de extinguir o incendio e arrefriar a zona.

Incendio dun contedor en Benito CorbalPontevedraViva

O incendio chegou a provocar mesmo pequenas explosións, previsiblemente ao rebentar parte dos residuos que había dentro do contedor.

Ademais, a rúa tivo que ser cortada temporalmente pola Policía Local para impedir o acceso de coches á zona por motivos de seguridade.

Axentes da Policía Nacional tamén responderon a esta situación de emerxencia.