Moraña vivirá esta fin de semana unha nova edición da súa Ruta de Tapas do Carneiro, que este ano chega á súa cuarta edición baixo o nome 'Espétalle un Pincho' e coa participación de 13 locais.
Durante dous días, entre o 3 e o 4 de xullo, os hostaleiros de Moraña darán a coñecer as súas propostas de elaboración alternativas ao Carneiro ao Espeto. De feito, a actividade forrma parte da programación da XLVI Festa do Carneiro ao Espeto, declarada de interese turístico galego.
A actividade realízase en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Hosteleros de Moraña, ACEH, e na súa edición 2014 destacou pola altísima calidade e elaboración dos pratos presentados ao concurso.
O xurado desta edición estará compuestro por membros de Galicia Gastro, entre eles Miguel Mosteiro, director gastronómico do grupo IN9 Eventos-Chicolino; Luís Domenech, autor do blog La Buena Pitanza; a blogger gastronómica e cociñeira Rocio Garrido, de 'La Cocina de Mi Abuelo' e autora do libro 'Cociñando coas Razas' o fotógrafo e blogger Xoan Arco da Vella, de 'O Paraiso Existe, ven ao Morrazo' o blogger de @GastroyPolitica Faustino Batallán; o fotógrafo e blogger Carlos Serrano, de FotoCarlosGrafias; o experto en márketing Nicolás Varela; un representante da ruta Barro de Tapas; e un membro do Goberno local de Moraña.
Como en anteriores edicións poderase seguir o evento a través das redes sociais nas contas de Facebook e Twitter da ruta e nas contas dos bloggers participantes e de Galicia Gastro.
O resto de actividades da XLVI Festa do Carneiro ao Espeto, tamén se poderán seguir a través da páxina web oficial ou das redes sociais: Facebook e Twitter.