"Este año el Nazareno lo va a tener muy fácil. Creo que todos le pedimos lo mismo"

Pontevedra
05 de marzo 2021

Este venres houbo algúns descoidados que acudiron á capela do  Nazareno na rúa Tetuán para cumprir co ritual das Tres Grazas. Non sabían que a pandemia provocada polo covid-19 motivou un cambio nesta romaría tradicional que se celebra o primeiro venres do mes de marzo

Colas á entrada da igrexa de San Bartolomeu
Colas á entrada da igrexa de San Bartolomeu / PontevedraViva

Este venres houbo algúns despistados que acudiron á capela do Nazareno na rúa Tetuán para cumprir co ritual das Tres Grazas. Non sabían que a pandemia provocada polo covid-19 motivou un cambio nesta romaría tradicional que se celebra o primeiro venres do mes de marzo.

Os actos relixiosos trasladáronse á igrexa parroquial de San Bartolomé para evitar aglomeracións e cumprir coas medidas sanitarias, algo que foi ben acollido pola maioría das persoas consultadas.  "Pierde un poco de encanto, pero es algo necesario en estos tiempos que vivimos", responde José García, unha das persoas que facían cola ás dez da mañá. 

As colas foron menores que outros anos pola capacidade do templo para acoller aos fieis, que ten un aforo fixado en 80 persoas. 

Desde as dez da mañá hai unha oración dirixida por grupos cada 20 minutos e oficiaranse misas ás 9.30, 11.00 e 18.30 horas. Ademais a igrexa pecharase ás 21.30 horas para cumprir co toque de queda das dez da noite.

"Está todo muy bien organizado, no falta ni la rosquillera", comentou María del Carmen Rodríguez. 

Durante a celebración das Tres Grazas o ano pasado a covid era moi incipiente e descoñecíase o alcance que ía ter a pandemia por iso é polo que non estivo tan presente nas peticións da xente. Nesta ocasión, despois da visita ao Ecce  Homo e a oración persoal, Luisa Mellado resumía deste xeito o sentir xeral: "Este año el Nazareno lo va a tener muy fácil. Creo que todos le pedimos lo mismo".