Este luns, o concelleiro de Infraestruturas do Concello de Sanxenxo, Daniel Fernández, estivo no CEIP Magaláns de Dorrón para comprobar o estado final das obras de acondicionamento dun local, que será destinado a comedor escolar.
Para a súa posta en funcionamento, queda tan só a colocación do material necesario para o día a día como mesas, cadeiras ou enxoval de cociña, entre outros aveños.
Esta obra, financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, cun orzamento de 27.500 euros, levou a cabo nunha edificación situada fronte ao pavillón do colexio, que na actualidade estaba a ser utilizado para almacén.
A actuación consistiu no solado do local, a substitución de xanelas e portas, tabiques de separación, pintado e instalación eléctrica e sanitaria. Por tanto, agora, unha parte do local, 16 metros cadrados, seguen sendo almacén, e o resto, 32 metros cadrados, foron habilitados como comedor, cun aseo.