Estrea dun novo parque infantil en Parada de Tenorio

Cerdedo Cotobade
13 de febreiro 2023

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, supervisou este luns xunto ao alcalde Jorge Cubela a nova instalación situada en Parada de Tenorio. A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, achegou un total de 40.000 euros para a construción deste novo parque infantil no Concello de Cerdedo-Cotobade

Parque infantil de Parada de Tenorio, en Cerdedo-Cotobade Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, supervisou este luns xunto ao alcalde Jorge Cubela a nova instalación situada en Parada de Tenorio. A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, achegou un total de 40.000 euros para a construción deste novo parque infantil no Concello de Cerdedo-Cotobade.

A instalación dota deste equipamento a unha zona periférica do municipio baixo o marco das accións de extensión dos servizos públicos ao rural. "O lugar de Parada de Tenorio conta con bastantes cativos e, ata a data, só dispoñía dun parque de reducidas dimensións con apenas tres elementos de xogo que se facía insuficiente para atender a demanda", afirmaba o representante autonómico.

O novo parque infantil atópase nas inmediacións do campo da festa e conta cun bambán mixto, un bambán cesta, tobogáns adaptados a nenos e nenas de 1 a 4 e de 4 a 14 anos, dous balancíns e unha tirolina

O delegado territorial Luís López tamén quixo destacar na súa visita que a Xunta ten aberto ata o 20 de febreiro o prazo de solicitude das axudas para a mellora de infraestruturas municipais de uso público.

Doutra banda, tamén lembrou que está en prazo ata o 27 de febreiro o Fondo de Compensación Ambiental para accións de protección do medio natural, que conta cun orzamento de máis de once millóns de euros.