Estudantes do CPI do Toural comproban os "camiños escolares" en Alemaña

Vilaboa
11 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Dentro da actividade de intercambio deste centro educativo, o alumnado visitou a cidade alemá de Braunschweing do 2 ao 10 de abril para mellorar a competencia comunicativa nunha lingua estranxeira

Estudantes do CPI do Toural en Alemaña CPI do Toural

Estudantes de 3ª da ESO do CPI Toural estiveron en Alemaña, na cidade de Braunschweing,  entre o 2 e o 10 de abril de intercambio co instituto Gymnasium Raabeschule.

Trátase dunha actividade que forma parte do programa da Xunta de Galicia EduExchange que ten como obxectivo fomentar e contribuír á mellora das habilidades comunicativas nunha lingua estranxeira do alumnado.

Estes estudantes asistían ás clases no centro e realizaron visitas á vila medieval de Goslar, con visitas tamén a Autostadt e tamén a Volkswagen, en Wolfsvurg. 

A cidade ten máis de 250.000 habitantes e comprobaron a evolución dos "camiños escolares" que permiten a autonomía escolar á hora de asistir a clases.

Nesta experiencia comprobaron como os mozos do instituto teñen "liberdade" á hora de acudir ao centro, realizando traxectos de ao redor de quince minutos en bicicleta e utilizando tranvías desde idades temperás. 

Durante a viaxe comprobaron tamén que o español está a ser unha das linguas estranxeiras máis seleccionadas polo alumnado do Instituto, superando ao francés.