Unha persoa de 71 anos de idade, natural de Oviedo, resultou ferida este domingo tras sufrir unha caída nunha embarcación no illote de Pedregoso, na Illa de Arousa.
Segundo informou o 112 Galicia, os rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia puxéronse en marcha a bordo do helicóptero Pesca I, segundo as instrucións de Salvamento Marítimo.
Para a evacuación foi necesario un colchón sen carga debido a unha posible fractura de cadeira.
A lesión produciuse, pouco antes da unha desta tarde. Foi un particular o que chamou aos servizos de emerxencias para pedir axuda. Enseguida, o 112 púxose en contacto con Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e, tras a valoración médica, solicitouse a intervención dos recursos marítimos para a evacuación da muller ferida.
Nesta aeronave, a persoa afectada foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.