Excarceran a condutora dun turismo nun accidente na Illa da Toxa

O Salnés
16 de maio 2024

O accidente rexistrábase minutos antes das 15.00 horas deste xoves 16. Os condutores dos dous vehículos implicados no accidente foron trasladados ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061 con distintos traumatismos

Lugar da Illa de Arousa onde se producía o accidente Servizo de Emerxencias

Ás 14.57 horas deste xoves 16 de maio, o servizo de Emerxencias do 112 Galicia era alertado dun accidente entre dous turismos na Illa de Arousa.

Ata o lugar desprazábase un equipo do servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, que comprobaba que dúas persoas resultaron feridas con motivo do impacto.

A condutora do Seat Ibiza, de 23 anos, atopábase no interior do turismo e foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Salnés para retirar a porta e liberala.

A muller foi evacuada con dor cervical e unha posible rotura do brazo esquerdo ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061.

No outro vehículo, un Golf, viaxaba un mozo de 24 anos, que tamén era trasladado ao Hospital do Salnés. Neste caso queixábase de dor torácica e dorsal.

No operativo colaboraron os integrantes do servizo de Emerxencias de Cambados, Bombeiros do Salnés, Garda Civil de Tráfico e Atestados.