Explosión sen feridos nunha vivenda en Cornazo

O Salnés
29 de outubro 2023

Os Bombeiros de Vilagarcía acudiron este domingo ata unha vivenda de Cornazo por mor dunha explosión nunha cheminea de leña

Explosión nunha vivenda de Cornazo Protección Civil de Vilagarcía

Os Bombeiros de Vilagarcía acudiron este domingo ata unha vivenda de Cornazo por mor dunha explosión nunha cheminea de leña.

Afortunadamente o suceso saldouse sen feridos e só houbo que lamentar danos materiais. 

Segundo a información facilitada polo 112, a explosión tivo lugar ás 6,30 horas da madrugada. Foi a persoa que residía na vivenda quen se puxo en contacto coa central de emerxencias.

Tras realizar as correspondentes medicións os Bombeiros certificaron que non había gas involucrado na explosión.

Ao lugar do suceso tamén acudiron efectivos da Policía Local de Vilagarcía e de Protección Civil.