Falece un motorista na colisión entre un coche e unha moto en Marín

Marín
02 de agosto 2025

O accidente sucedeu arredor das 18:00 horas deste sábado 2 de agosto nunha estrada en San Tomé de Piñeiro, segundo a información facilitada polo 112 Galicia

Trasladadas en ambulancia tres persoas por inhalación de fume nun incendio na súa casa en Vilanova de Arousa Mónica Patxot

Un motorista faleceu a media tarde deste sábado nun accidente de tráfico rexistrado en Marín. 

O accidente sucedeu arredor das 18:00 horas deste sábado 2 de agosto nunha estrada en San Tomé de Piñeiro, segundo a información facilitada polo 112 Galicia.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través dun particular, que informaba da colisión entre un turismo e unha moto

Nesa chamada, xa indicaba que o motorista podía estar falecido.

O 112 Galicia solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Marín.

Os servizos que se desprazaron ata a zona nada puideron facer por salvar a vida do motorista, confirmando o seu falecemento.