Falece un motorista de 29 anos tras bater contra un poste en Cerdedo

Marín
06 de setembro 2020

O accidente produciuse sobre as dez e cuarto da mañá no quilómetro 65 desta estrada, á altura da gasolineira que hai na zona. Por causas que se investigan, o motorista -que ía nun grupo con outros tres compañeiros- saíu da estrada pola marxe dereita da calzada e chocou contra un poste

Accidente mortal dun motorista na N-541, en Cerdedo
Accidente mortal dun motorista na N-541, en Cerdedo / PontevedraViva

As estradas pontevedresas cobráronse unha nova vida. Un mozo de 29 anos, veciño de Marín, faleceu este domingo despois de que a moto que pilotaba chocase contra un poste na N-541, en Cerdedo.

O accidente produciuse sobre as dez e cuarto da mañá no quilómetro 65 desta estrada, á altura da gasolineira que hai na zona.

Por causas que se investigan, o motorista -que ía nun grupo con outros tres compañeiros- saíu da estrada pola marxe dereita da calzada e chocou contra un poste.

A pesar de que usaba o casco regulamentario, o impacto contra a estrutura foi tan forte que a vítima faleceu no acto.

Ao lugar do sinistro acudiron efectivos da Garda Civil de Tráfico para regular a circulación na N-541 e investigar o accidente.