A dirección do Colexio Plurilingüe Calasancio informou ás familias que os alumnos de 3 anos terán que ser sometidos a test PCR.
Así llo comunicou a Consellería Sanidade que, segundo o Colexio, xustifica esta decisión en que "nos niveis do segundo ciclo de educación infantil (3 anos) débese realizar PCR ás dúas aulas A e B, por considerar aos alumnos contactos estreitos".
Segundo explica a Dirección do Colexio "isto é debido a que a profesora refire que algún dos nenos non levaba máscara e que mantivo contacto con eles repartindo material, abrindo merendas e acompañándolles ao baño, ainda que tamén manifesta que ela usou máscara e xel hidroalcólico ou auga e xabón".
Todos os contactos estreitos teñen que permanecer en corentena 14 días desde o último contacto co profesorado positivo independentemente do resultado da PCR.
Pola contra o alumnado de sexto curso de Primaria "polo momento" non se farán test PCR.
A Dirección das Calasancia di que para a Consellería de Sanidade estes nenos "non se consideran contactos estreitos, xa que os profesores manifestan que tanto eles como os alumnos fixeron uso da máscara, excepto durante a merenda de 5 a 15".
Engaden ademais que as aulas se ventilaron "constantemente" e que "os profesores mantivéronse diante da pizarra, salvo por cuestións puntuais, e indican que tanto eles como os alumnos cumpriron o protocolo de entradas, saídas e de hixiene de mans".
Todo o persoal do colexio fixo as probas PCR co resultado de 9 persoas contaxiadas.
Mentres tanto os 650 alumnos do Colexio Calasancio comezaron este martes a docencia telemática.