O Colexio Calasancio retoma as clases presenciais a partir do luns

Pontevedra
18 de setembro 2020

Despois do brote de coronavirus entre o profesorado deste centro educativo de Pontevedra, a Xefatura Territorial de Sanidade e Educación concedeu a autorización para iniciar a reincorporación do alumnado á actividade lectiva presencial

Colegio Calasancio
Colegio Calasancio / Mónica Patxot

O Colexio Calasancio retoma as clases presenciais a partir do luns 21 de setembro. Despois do brote de coronavirus entre o profesorado deste centro educativo de Pontevedra, a Xefatura Territorial de Sanidade e Educación concedeu a autorización para iniciar a reincorporación do alumnado á actividade lectiva presencial.

Antes de proceder á reapertura, levarán a cabo unha limpeza xeral das instalacións e unha profunda desinfección de todos os espazos do centro.

O regreso dos alumnos ás aulas realizarase de forma progresiva. Os primeiros serán os alumnos de primeiro e segundo de Educación Primaria, que o farán o próximos luns. Os de terceiro, cuarto e quinto farano o martes; os de quinto e sexto de Educación Infantil, o mércores; e os de sexto de Primaria, o xoves.

Os estudantes de Educación Secundaria iranse incorporando a partir do venres. Os primeiros en facelo serán os de terceiro, mentres que o luns 28 farano os de cuarto e os de primeiro e segundo, o martes 29.

Con todo, mentres a volta ao cole non se fai efectivo, os alumnos continuarán co sistema de teledocencia implantado desde o momento en que se pechou o centro.

Así mesmo, o servizo de comedor retómase o día 21 e o de madrugadores atrásase ata o 1 de outubro.