Fase final para a Festa do Mar 2021 con navegación tradicional e música

Poio
28 de agosto 2021

Durante o venres, o público asistía ao espectáculo clown e ao concerto da orquestra La Ocaband con entrada libre. Este sábado rematan as actividades con pasacalles, un espectáculo de música infantil e unha exhibición de embarcacións mariñeiras

Espectáculo de clown e actuación da orquestra La Ocaband Concello de Poio

A Festa do Mar chega ao seu fin este sábado con máis sesións musicais e actividades para diferentes públicos.

Durante o venres, os espectadores puideron gozar do espectáculo clown para toda a familia en Raxó para, a partir das 22.00 horas, chegar a música a cargo da orquestra La Ocaband.

Durante este sábado 28, a Escola de Música Tradicional de Poio percorre as rúas de Raxó durante o mediodía e, ao longo da tarde, realizarase unha exhibición de embarcacións con navegación tradicional pola ría a partir das 17.00 horas.

Tamén os  Quimatasasa realizarán actividades de animación musical, antes do inicio do espectáculo de música infantil Martiña Soñadora no peirao de Raxó.

As actividades da edición deste ano, marcada polas restricións sanitarias derivadas da pandemia, concluirán coa actuación da charanga Europa a partir das 21.00 horas.