Ferida a condutora dun patinete eléctrico ao chocar contra un turismo

Pontevedra
08 de xaneiro 2019

Segundo informou a Policía Local a muller circulaba pola beirarrúa cando colidiu contra un vehículo que saía das instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Unha muller conducindo un patinete eléctrico / ARQUIVO
Unha muller conducindo un patinete eléctrico / ARQUIVO / Elvert Barnes

O 112 Galicia tivo constancia neste mediodía dunha colisión entre un patinete eléctrico e un turismo en Pontevedra.

O accidente, que tivo lugar á altura do número 18 da rúa do Pai Fernando Olmedo, deixou ferida á muller que conducía o patinete.

Segundo informou a Policía Local a muller circulaba pola beirarrúa cando colidiu contra un vehículo que saía das instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Un particular contactou co 112 Galicia ao fío das 12:30 horas para dar conta do ocorrido.

Acto seguido, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, e da Policía Local.