Unha carteira resultou ferida despois de caer coa súa motocicleta.
Segundo informa a Policía Local de Poio, o suceso tivo lugar sobre as 9:56 horas deste xoves cando a motorista circulaba no seu vehículo de reparto postal pola estrada autonómica PO-308 á altura da Avenida de Andurique.
O parte policial recolle que o accidente consistiu na caída da condutora da motocicleta, que circulaba en dirección Pontevedra-Sanxenxo.
A traballadora de Correos quedou inmobilizada no medio da calzada despois de golpearse na cabeza.
Esto provocou que o tráfico na zona fose lento aproximadamente durante unha hora, ata a retirada do vehículo da zona.
Unha ambulancia do 061 trasladou á vítima a un centro hospitalario.
A Policía Local de Poio iniciou as dilixencias para investigar o suceso.
Os axentes trasladaron o seu agradecemento ás persoas que axudaron na asistencia á muller ferida.