Unha muller resultou ferida mentres paseaba pola rúa Oliva tras desprenderse un cristal dun edificio.
O cristal golpeou a señora no ombro, sen producir corte aínda que que queixábase dunha forte dor coma consecuencia do impacto. A muller, que se encontraba de visita en Pontevedra, foi acompañada por varios transeúntes ata un centro sanitario para recibir atención médica.
O suceso tivo lugar ás 19:00 horas deste martes.
Ata o lugar trasladáronse dous camións do corpo de bombeiros mentres que motoristas da Policía Local acordoaron a zona como medida de seguridade ante a posibilidade de novos desprendementos.
O inmoble afectado é o número 10 desta céntrica rúa, e encóntrase abandonado.
Os bombeiros accederon ao interior do edificio e retiraron un bo número de cristais tras comprobar que existía un risco evidente de novos desprendementos.