Ferida unha muller embarazada nun accidente en Cambados

O Salnés
18 de xuño 2022

Unha muller embarazada de oito meses resultou ferida de consideración nun accidente de tráfico que se produciu na tarde deste venres en Cambados. Esta muller, de 38 anos, conducía un Seat León que alcanzou por detrás a unha furgoneta

Tubaxe do gas danada Emerxencias Cambados

Unha muller embarazada de oito meses resultou ferida de consideración nun accidente de tráfico que se produciu na tarde deste venres en Cambados. 

Esta muller, de 38 anos, conducía un Seat León que alcanzou por detrás a unha furgoneta.

Segundo informou o Servizo de Emerxencias de Cambados a muller foi evacuada ao Hospital  do Salnés con cortes e queimaduras e tamén para que os médicos valorasen o estado do feto tras saltar o airbag do seu vehículo.

TUBAXE DO GAS

O Servizo de Emerxencias de Cambados tamén informou doutro suceso, un condutor que se fuxiu tras impactar cunha tubaxe do gas.

Ocorreu sobre as 23.00 horas do xoves cando un vehículo chocou contra unha tubaxe de gas natural na rúa  Valvanera, en Cambados.