Feridas seis persoas nun accidente en Cambados e catro noutro en Pontevedra

Pontevedra
02 de agosto 2024
Actualizado: 21:13

En Pontevedra, o accidente produciuse pouco antes das 17.30 horas na estrada EP-0018 Xeve-Amil-Espedregueira e consistiu na colisión entre dous coches. En Cambados, o sinistro produciuse na estrada PO-550  e foi necesario atender a seis feridos catro deles menores e dous adultos

Accidente na PO-550 en Castrelo, Cambados Servizo de Emerxencias

Dous accidentes de tráfico rexistrados na tarde deste venres deixaron dez feridos en Pontevedra e Cambados.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, en Pontevedra, o accidente produciuse pouco antes das 17.30 horas na estrada EP-0018 Xeve-Amil-Espedregueira. Foi, en concreto, na parroquia de Xeve.

Segundo a información facilitada polo Concello, consistiu na colisión frontal entre dous coches, un con catro ocupantes e outro con un.

Foron alertados os Bombeiros de Pontevedra ante a previsión de que fose necesario excarcerar a algún dos feridos, aínda que finalmente comprobouse que non había ningunha persoa atrapada

O persoal sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 si confirmou que había catro persoas feridas que foron trasladadas ao hospital.

Ata o lugar tamén se trasladaron tamén a Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Pontevedra. 

Segundo informou o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, nesta localidade o sinistro produciuse na estrada PO-550  e foi necesario atender a seis feridos catro deles menores e dous adultos.

Ata o lugar, en Castrelo, mobilizáronse ambulancias do 061, a Garda Civil de Trafico e Emerxencias de Cambados.