Un ferido nun accidente de tráfico en Cuntis tras sufrir unha indisposición ao volante

Umia
09 de febreiro 2026
Actualizado: 16:33

O sinistro produciuse cando o condutor do vehículo sufriu unha indisposición mentres circulaba por un tramo recto da vía, o que provocou que perdese o control do coche

Accidente de tráfico Protección Civil de Cuntis

Unha persoa resultou ferida este luns nun accidente de tráfico ocorrido no lugar da Ran, no municipio de Cuntis, segundo informou Protección Civil.

O sinistro produciuse cando o condutor do vehículo sufriu unha indisposición mentres circulaba por un tramo recto da vía, o que provocou que perdese o control do coche.

Como consecuencia, o turismo chocou contra unha árbore e un farol situado na marxe da calzada.

O ferido foi atendido no lugar polos servizos de emerxencia e posteriormente trasladado nunha ambulancia do 061 a un centro sanitario para unha avaliación máis exhaustiva.

No operativo interviñeron os medios de emerxencias do Concello de Cuntis, a Garda Civil de Tráfico.

Os operarios municipais encargáronse de retirar o farol danado e asegurar a zona para restablecer a normalidade na circulación.

As causas exactas do accidente están a ser analizadas, aínda que todo apunta a que a indisposición do condutor foi o factor desencadenante do sinistro.

Accidente de trafico na Ran Protección Civil de Cuntis