Festa solidaria en Tomeza en favor da Fundación de Medicina Xenómica

Pontevedra
28 de novembro 2021

A casa da escritora de Tomeza, Loli Beloso Neira, acolleu na tarde deste sábado a quinta edición da Festa dá Investigación. Unha cita que na súa orixe tivo moito que ver a amizade de anos desta veciña de Pontevedra co intelectual Isaac Díaz Pardo (1920-2012) e co científico Ángel Carracedo.

A casa da escritora de Tomeza, Loli Beloso, acolleu a quinta edición da Festa da Investigación
A casa da escritora de Tomeza, Loli Beloso, acolleu a quinta edición da Festa da Investigación / Loli Beloso

A casa da escritora de Tomeza, Loli Beloso Neira, acolleu na tarde deste sábado a quinta edición da Festa da Investigación. Unha cita que na súa orixe tivo moito que ver a amizade de anos desta veciña de Pontevedra co intelectual Isaac Díaz Pardo (1920-2012) e co científico Ángel Carracedo.

Entregáronse tres mil euros á Fundación de Medicina Xenómica de Galicia, que dirixe Carracedo.

O deseñador de moda de Carril, Franco Quintáns, Dedal de Ouro no 2014, colabora coa escritora Loli Beloso nesta iniciativa.

Ademais houbo tres presentacións, a da asociación sen ánimo de lucro "A Roseira de Loli", que preside a escritora de Tomeza e a do seu último libro "Mimina", unha homenaxe a Carmen Arias de Castro Montero, con motivo do centenario do seu nacemento da que fose compañeira do intelectual Isaac Díaz Pardo, foi unha peza fundamental no proxecto da Fábrica de Cerámica do Castro e de Sargadelos. 

Ademais da venda dos seus libros, Loli Beloso tamén vende xoias. A súa última creación é o colgante Kalipay que está pensado para os berces dos bebés. O diñeiro recadado da súa venda destinarase á Kalipay Negrense Foundation, que desde o ano 2007 rescatou a máis de 400 nenos, brindándolles un refuxio, educación, atención médica e asesoramento psicolóxico.