Tomeza lembra a Carmen Arias, Minina, no seu 102 aniversario

Pontevedra
14 de abril 2023

O acto, previsto para as 18.00 horas, bautizouse 'Arrolos de bicos e apertas ao ceo á artista: Mimina, Carmen Arias de Castro no seu 102 aniversario' e incluirá a presentación da xoia 'A Magdalena de Mimina', feita por Loli Beloso e dedicada a Carmen Arias de Castro

Libro sobre Carmen Arias, 'Minina'
Libro sobre Carmen Arias, 'Minina' / Loli Beloso

O Fogar de Loli Beloso na Valadiña, na parroquia pontevedresa de Tomeza, conmemorará este sábado 15 de abril os 102 anos do nacemento de Carmen Arias de Castro Montero, Mimina, compañeira do intelectual Isaac Díaz Pardo, peza fundamental no proxecto da Fábrica de Cerámica do Castro e de Sargadelos, debuxante e deseñadora de xoias.

A homenaxe está organizada pola asociación 'A Roseira de Loli', da que Loli Beloso é a presidenta e o catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en Xenética Ángel Carracedo é o vicepresidente.

O acto, previsto para as 18.00 horas, bautizouse 'Arrolos de bicos e apertas ao ceo á artista: Mimina, Carmen Arias de Castro no seu 102 aniversario' e incluirá a presentación da xoia 'A Magdalena de Mimina', feita por Loli Beloso e dedicada a Carmen Arias de Castro.

O acto contará coa presenza de María Díaz, colaboradora de Isaac Díaz Pardo; e acollerá tamén un recital poético a cargo de Xiana Vidal García e Martín Pereira Fresco.

A vertente musical da xornada correrá a cargo do cantante de música tradicional galega e música do mundo Davide Salvado