Fin de semana de actividades intensas antes de Aninovo

Pontevedra
29 de decembro 2023

O Concello de Pontevedra lembra que se celebran actividades nos centros culturais das parroquias e dos barrios e no mercado de abastos. O 1 de xaneiro será a xornada do Concerto de Aninovo coa interpretación musical da Orquestra Filarmónica de Pontevedra a partir das 19.30 horas no Pazo da Cultura. As entradas xa están esgotadas

Bolas de Nadal na Ferrería Concello de Pontevedra

Pontevedra permanecerá estes días con diversas actividades de lecer dentro das xornadas previas á chegada do Aninovo. 

As propostas son as seguintes, segundo indica o Concello de Pontevedra a través do programa de Nadal.

Para este venres, 29 de decembro, está previsto:

• 16.30 - 20-30 horas. Merca no barrio. A Parda e no Barrio do Burgo: Bóla de Nadal en madeira e taller de maquillaxe fantasía no Nadal Animación de rúa con temática de Nadal, cinema e obradoiros.
• 17.00 h. Nadal nos centros culturais. Canicouva: Os tres porquiños no Nadal
• 17.00 h. Nadal nos centros culturais. Estribela. A galiña Piti
• 17.00 h. Nadal nos centros culturais. Lérez. É cousa de maxia
• 17.00 e as 19.30 h. Nadal nos centros culturais. O Gorgullón. Pasacalles do Apalpador e O Show de Fifo.
Nadal no Mercado.
• 18.00h. Obradoiro infantil « O mundo dos peixes »
• 20.30 h. Concerto de V de Maceta.

O sábado 30 de decembro a programación será a seguinte:
• Ganapán:
• 11.00 - 12.00 h. Obradoiro gastro: As nosas tradicións. Tizón de nadal
• 12.30 - 13.30 h. Obradoiro Crea. As nosas tradicións. Marioneta apalpador.
• 16.30 - 20-30 horas. Merca no barrio. Praza do Hospital. Manualidade: Portacandeas estrela recheo de pasta alimenticia e Taller de tarxeta de desexos de ano novo.
• 17.00 horas. Nadal nos centros culturais: A Devesa, Alba. É cousa de maxia.
• 17.00 horas. Nadal nos centros culturais. Centro Sur: A galiña Piti

• 17.30 horas. Nadal nos centros culturais: Marcón. Discoteca infantil de Nadal.
• 19.00 horas. Nadal nos centros culturais: Cabaleiro, Campañó. Teatro infantil. Contos á luz dunha estrela
• Nadal no Mercado
• 13.00 horas Concerto micro aberto. Black Hole
• 20.30 horas. Concerto de Su Garrido.

O domingo 31 de decembro, día de final de 2023, o programa inclúe:
• 16.30 - 20-30 horas. Merca no barrio. Monte Porreiro. Manualidade:Reis magos con paus de madeira e feltro, e xogos predeportivos e de relevos.
• Nadal no Mercado
• 11.00 horas Obradoiro « Fai o teu propio cotillón »
• 13.00 horas. Festa!
• 14.00 horas. Badaladas

Xa o día de Aninovo, 1 de xaneiro, o gran acontecemento será o Concerto de Aninovo coa Orquestra Filarmónica de Pontevedra a partir das 19.30 horas no Pazo da Cultura. As entradas xa están todas esgotadas, segundo informan desde o Concello.

Ademais, durante estas datas, tamén permanece aberto o Poboado de Nadal da Ferraría cun horario de 11.30 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas onde se pode atopar o mercado de artesanía e nadal e a ambientación de nadal. O 1 de xaneiro estará pechado.

O Bosque de xogos da praza de España continúa facendo as delicias do público familiar coa tirolesa, a pista de xeo e o tobogán xigante aos que se pode acceder coa presentación dun tícket do comercio local. Está aberto de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 22.00 horas. O horario do 31 de decembro será de 11 a 14 e de 17 a 20 horas. O 1 de Xaneiro tamén permanecerá pechado.

A Carpa de xogos, tamén no Bosque de xogos da Alameda e da praza de España, con actividades para cativos de 0 a 12 anos, estará aberta de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas. Neste caso tampouco haberá actividade durante o Aninovo ao igual que o Nadal Xogos no Recinto Feiral con talleres, contacontos, inchables e xogos tradicionais.