Fin de semana sen botellón pero con 15 denuncias Covid na Boa Vila

Pontevedra
18 de maio 2021

A portavoz do Goberno municipal de Pontevedra, Anabel Gulías informou este martes en rolda de prensa que durante a pasada fin de semana a Policía Local propuxo un total de 15 sancións polo incumprimento da normativa sanitaria derivada da pandemia da Covid-19

Axente da Policía local Mónica Patxot

A portavoz do Goberno municipal de Pontevedra, Anabel Gulías informou este martes en rolda de prensa que durante a pasada fin de semana a Policía Local propuxo un total de 15 sancións polo incumprimento da normativa sanitaria derivada da pandemia da Covid-19.

Neste balance da fin de semana tamén se inclúe ao luns 17 de maio por ser festivo.

Destas denuncias, 9 foron por reunións entre non conviventes, 3 interpuxéronse por desobediencia á autoridade ou falta de respecto aos axentes municipais e as outras 3 foron por non levar posta a máscara.

Non hai ningún local da hostalería pontevedresa denunciado, do mesmo xeito que a Policía Local confirmou que non se produciron botellóns na Boa Vila.

A portavoz municipal espera que a situación siga "estable e normalizada" polo que cre que a partir do próximo luns xa non será necesario incluír este balance de incidencias nas comparecencias habituais do Goberno local ao comezo da semana.