Fin de semana sobre rodas en Marín

Marín
30 de xuño 2024

Marín gozou dunha fin de semana sobre rodas coa celebración da XVII Concentración Moteira Vila de Marín. O evento estivo organizado polo club Golfiños de Marín e desenvolverase do venres ao domingo nunha carpa instalada na Praza de España

XVII Concentración Moteira Villa de Marín Concello de Marín

Marín gozou dunha fin de semana sobre rodas coa celebración da XVII Concentración Moteira Vila de Marín.

O evento estivo organizado polo club Golfiños de Marín e desenvolverase do venres ao domingo nunha carpa instalada na Praza de España.

A apertura de portas foi o venres coa repartición do choripan e os concertos de Four Passengers e dos Dj Rubén Díaz e Toño, mentres que o sábado pola tarde iniciouse o roteiro mototurística polo municipio.

Ese mesmo día, Rui Armada realizou unha exhibición que deu paso ao roteiro nocturno, que continuou coa entrega de trofeos e agasallos e coa sesión de música dos DJ Rubén Díaz e Toño.

A sesión vermú e outra exhibición de Armada clausuraron o evento.