Finalizados os traballos de restauración do cruceiro de Meuterrón

Pontevedra
25 de febreiro 2023

Este cruceiro sufriu importantes danos despois de que un vehículo golpease a súa base, propiciando a caída do mesmo e rompendo partes significativas do seu parte superior, como son a cruz e o capitel, pero grazas a que a veciñanza salvagardou as pezas rotas puido restaurarse

Cruceiro de Meuterrón, en Verducido Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra comunicou este venres que xa están finalizados os traballos de restauración, montaxe e recolocación do cruceiro de Meuterrón, en Verducido.

O edil de Patrimonio histórico, Xaquín Moreda, xunto coa concelleira da parroquia de Verducido, Pilar Comesaña, visitaron este elemento histórico que se puido restaurar grazas a que a veciñanza salvaguardou as pezas rotas.

Este cruceiro sufriu importantes danos logo de que un vehículo golpeara a súa base, propiciando a caída do mesmo e escachando partes significativas da súa parte superior, como son a cruz e o capitel.

O edil de Patrimonio histórico fixo fincapé no agradecemento público aos veciños que salvagardaron as pezas rotas e lembrou que a concellería "continuará co seu labor de protexer e restaurar este tipo de pezas tan representativas da historia e da paisaxe galegas".

Indicaron tamén que no proceso de recolocación instalaron o cruceiro e modificaron a sinalización horizontal do lugar co fin de reconducir o tránsito de vehículos e así minorar un eventual novo impacto.

Os traballos de restauración desta peza, que podería ser do século XIX e incluso dunha época anterior segundo as estimacións dos técnicos, foron realizados pola empresa pontevedresa BIC Materiales y Conservación.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora