FITUR descobre a nova liña de roupa marca "Sanxenxo"

Sanxenxo
18 de xaneiro 2023

Sanxenxo comezou súa promoción como destino na Feira internacional de Turismo en Madrid cunha nova liña de roupa, un novo folleto náutico, así como con dous tótems de entrada con imaxes renovadas de Sanxenxo

Delegación de Sanxenxo en Fitur con representantes da Xunta
Delegación de Sanxenxo en Fitur con representantes da Xunta / Concello de Sanxenxo

Sanxenxo comezou este mércores a súa promoción como destino na Feira internacional de Turismo en Madrid cunha nova liña de roupa, un novo folleto náutico, así como con dous tótems de entrada con imaxes renovadas de Sanxenxo. 

O alcalde, Telmo Martín, acompañado da tenente de alcalde, María Deza, e unha ampla delegación do sector turístico entre a que se atopa a directiva do CETS, hostaleiros, restauradores e os maioristas con sede en Sanxenxo.

A feira retoma a normalidade cunha intensa axenda na que Sanxenxo quere demostrar as súas potencialidades como destino vacacional os 365 días do ano.

"É unha cita na que un municipio como Sanxenxo ten que estar e pola que ten que apostar como magnífica ventá promocional", explica o alcalde. 

Sanxenxo acode á cita con catro folletos dedicados a praias, patrimonio, paisaxe e, un novo, de náutica que se poden atopar no mostrador propio do que dispón dentro do espazo de Turismo de Galicia. Ademais, dous modelos encárganse de mostrar na feira a nova liña de roupa coa marca Sanxenxo que se poñerá á venda proximamente na oficina de turismo e, pola que esta mañá, varios visitantes mostráronse interesados.

Un ano máis, o municipio estará presente en redes a través dun sorteo de 12 estancias de dúas noites para dúas persoas no que colabora o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.