Fomento desbloquea a Circunvalación de Pontevedra ao iniciar as expropiacións

Pontevedra
24 de setembro 2013

Os veciños de Vilaboa están convocados no Salón de Plenos do Concello de Vilaboa entre os días 14 de outubro e o 6 de novembro, e os de Pontevedra no Pazo da Cultura do 11 de novembro ao 28 de novembro, en ambos os dous casos de luns a xoves en horario de 9:30 a 14:00 horas

A ministra de Fomento, Ana Pastor co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
A ministra de Fomento, Ana Pastor co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores

O Ministerio de Fomento iniciou, coa súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), o anuncio de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas obras "Autovía A-57. Tramo: Vilaboa - A Ermida. Provincia de Pontevedra", nos termos municipais de Pontevedra e Vilaboa.

Os veciños de Vilaboa están convocados no Salón de Plenos do Concello de Vilaboa entre os días 14 de outubro e o 6 de novembro, e os de Pontevedra no Pazo da Cultura do 11 de novembro ao 28 de novembro, en ambos os dous casos de luns a xoves en horario de 9:30 a 14:00 horas.

O tramo Vilaboa- A Ermida forma parte da autovía A-57, autovía que será a alternativa de gran capacidade á estrada N-550 en Pontevedra. Ademais, este proxecto xunto cos tramos A Ermida - Pilarteiros (proxecto en redacción) e Pilarteiros - Barro e conexión con AP-9 en Curro (estudo informativo en información pública) constituirá a futura circunvalación de Pontevedra da A-57.

Por outra parte, tamén dará continuidade cara ao Norte á futura A-59, autovía que discorrerá dende o aeroporto de Peinador en Vigo ata Pontevedra (Vilaboa) e cuxos proxectos se encontran en redacción nestes momentos.

CARACTERÍSTICAS TÿCNICAS

O proxecto aprobado desenvólvese no ámbito metropolitano da cidade de Pontevedra, percorrendo os Concellos de Pontevedra e Vilaboa, destacando os núcleos da Ermida, Pintos, Valladares, Pumariño, Bértola, o Outeiro e Boullosa.

O novo tramo de autovía, con 6,56 km de lonxitude, iníciase á altura do enlace da Ermida, sobre o punto quilométrico 4 +000 da estrada autonómica PO-532, e finaliza no punto quilométrico 6,560 de tal maneira que a conexión do seguinte tramo poida evitar a Mámoa de San Román-O Cruceiro.

Proxectáronse 2 enlaces e 15 estruturas, das cales:

  • 4 son viadutos sobre o río Pintos, río do Pobo, Rego do Barco e o ferrocarril Pontevedra - Redondela;
  • 5 son pasos superiores que resolven o paso de camiños sobre a autovía, sendo un deles o paso do camiño de Santiago sobre un ramal do enlace de Vilaboa;
  • 6 pasos inferiores

O proxecto prevé a reposición dos camiños interceptados ao longo da traza da futura autovía.

Arquivado en