As "oportunidades" que supón a Formación Profesional Dual reunidas nunha feira en Vilagarcía

O Salnés
29 de maio 2025

O Auditorio Municipal acolleu este xoves a III Feira FP Pyme organizada pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía

Inauguración da Feira FP Peme
Inauguración da Feira FP Peme / Deputación de Pontevedra

Este xoves abriu as súas portas no Auditorio Municipal de Vilagarcía a III Feira FP Pyme.

Esta cita está organizada pola Cámara de Comercio para achegar as titulacións deste tipo que están dispoñibles na provincia e conectar ao colectivo estudantil co sector empresarial.

A segunda edición desta Feira ten como obxectivo dar a coñecer as familias profesionais que integran a oferta de FP a través de stands que mostran os programas formativos con talleres, exhibicións e exercicios prácticos.

Unha das novidades deste ano é un espazo no que empresas e estudantes poden interactuar.

No encontro participaron sete centros de formación profesional. Tamén asistiron varias entidades vinculadas ao emprego, como a Mancomunidade do Salnés, Grupo CIP ou Kaeme Consultores, Autoescuela Sálvora e Autoescuela Umia.

As autoridades interesáronse por coñecer a oferta formativa, e probaron varios dos "experimentos" que estaban expostos, como unha máquina de xogos presentada polo centro de Vilaxoán ou un mini-vehículo do IES Vilalonga.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou os programas provinciais de apoio ás empresas, como o Smart Peme; e á estudantes, como o Erasmus + no que esta administración investiu 132.000 euros o ano pasado para sufragar as prácticas de 22 alumnos de FP no estranxeiro.

III Feira FP Pyme
III Feira FP Pyme. Cámara de Comercio

A primeira mesa celebrada tiña por título 'Cubre as túas necesidades de contratación', e posteriormente foi a quenda de 'O camiño do éxito. Oportunidades de formación e emprego'. Ao mediodía, houbo un encontro entre empresas-centros e o alumnado. Pola tarde, o día pecharase cun taller motivacional da man de Raúl Cadenas ("El profesor de los Lego").