Frutas Katuxa proxecta unha gran tenda-almacén en Salcedo

Pontevedra
06 de outubro 2014

Os técnicos de urbanismo do Concello demandaron os promotores máis información sobre o proxecto, recordando que a nave está fora de ordenación e que non é parcelable polo que se debe dar actividade á construción no seu conxunto

Nave empresarial en Salcedo PontevedraViva

A empresa Frutas Katuxa SL, proxecta a remodelación dunha vella nave en Salcedo para acoller unha gran tenda-almacén.

Esta firma maiorista con sede en Vigo presentou o pasado mes de marzo ante o Concello solicitude de licenza de obras e apertura.

A instalación, situada fronte á estrada de Vigo N-550, encóntrase abandonada dende hai anos e nas últimas semanas foi obxecto dunha limpeza exterior.

Segundo informa o xornalista Marcos Quintas en páxinas de Faro de Vigo, a dirección de Frutas Katuxa proxecta crear un almacén con tenda, zona de degustación de froitas e tamén unha cafetaría.

Os técnicos de urbanismo do Concello demandaron os promotores máis información sobre o proxecto, recordando que a nave está fora de ordenación e que non é parcelable polo que se debe dar actividade á construción no seu conxunto.