García Costas avoga pola desaparición das Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vilagarcía e Tui

Pontevedra
14 de xaneiro 2015

O presidente da Cámara de Comercio de Vigo e presidente do Consello Galego de Cámaras, José García Costas, asegurou que, na provincia de Pontevedra, "no hay capacidad económica para cuatro Cámaras de Comercio"  como existen actualmente. Para disipar calquera xénero de dúbidas García Costas precisou que a de Vigo "tiene vocación de permanencia"

Cámara de Comercio Mónica Patxot

O presidente da Cámara de Comercio de Vigo e presidente do Consello Galego de Cámaras, José García Costas, asegurou este martes que, na provincia de Pontevedra, "no hay capacidad económica para cuatro Cámaras de Comercio"  como existen actualmente. Isto é Vilagarcía, Vigo, Tui e Pontevedra.

Para disipar calquera xénero de dúbidas García Costas precisou que a cámara de Vigo "tiene vocación de permanencia".  Proba diso é que a Cámara de Vigo logrou manter o seu equilibrio económico e mesmo ter superávit durante os últimos anos, pero respecto ás outras tres cámaras, augura García Costas que "habrá reajustes motivados por las necesidades económicas".

O presidente da entidade cameral viguesa afirmou que "lo que la lógica impone" é que "si una cámara no tiene capacidad de subsistir debe integrarse en otra", aínda que entende que cada unha destas entidades ten a responsabilidade de decidir como xestiona o seu funcionamento e o seu futuro.

García Costas realizou estas manifestacións nun acto no que presentou a campaña posta en marcha pola Cámara de Comercio de Vigo para lograr achegas económicas de carácter voluntario entre as 43.700 empresas adscritas a este organismo.