Gastronomía, tradición e música volverán xuntarse en Cuntis arredor do mellor lacón con grelos

Umia
27 de febreiro 2025
Actualizado: 12:30

A XXVI edición da Festa do Lacón con Grelos vai desenvolverse entre o venres 7 e o domingo 9 de marzo con Fátima Pego como encargada da lectura do pregón

Festa do Lacón con Grelos 2024 Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis prepara unha nova edición da súa emblemática Festa do Lacón con Grelos, que chega a viséximo sexta edición.

Vai desenvolverse do venres 7 ao domingo 9 de marzo cun programa cheo de actividades para todos os públicos. Este ano, a festa contará coa participación da polifacética cantante Fátima Pego, quen será a encargada de ler o pregón o domingo 9 de marzo.

A festa arrancará o venres 7 de marzo coa Gala do Chapante, un acto no que se presentará ao público o Chapante deste ano e se renderá homenaxe a dous establecementos emblemáticos da vila: O Cuberto e Á Tenda da Ponte, recoñecidos pola súa traxectoria na hostalaría e a defensa da lingua galega.

sábado 8 de marzo, a música será a gran protagonista. A partir das 18:00 horas, actuarán a Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis e o Grupo Folclórico "Hai Que Roelo".

Ás 22:00 horas, os grupos Igloo e OBK ofrecerán un concerto que promete facer bailar ao público. A noite continuará co GuatequeLacón, unha carpa con música dos 70 e 80 que se prolongará ata altas horas.

OBKOBK

domingo 9 de marzo, día grande da festa, as actividades comezarán ás 11:00 horas co pasarrúas da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis e o desfile do Entroido Tradicional de Cobres. N

ese mesmo horario, abrirá as súas portas a Feira de Artesanía e Produtos Agroalimentarios, onde os visitantes poderán disfrutar de produtos locais de alta calidade.

Ademais, celebrarase a XVII edición de "A camelia no Lacón con grelos", unha mostra que combina a beleza desta flor co prato estrela da gastronomía cuntiense.

Casa da Cultura acollerá unha exposición de Encaixe das Palilleiras e outra de Cerámica de Castrolandín, mentres que na Praza de Abastos poderá visitarse a exposición "Un baño de mel".

Ás 12:30 horas, Fátima Pego tomará a palabra para ler o pregón da festa, dando paso a unha mañá animada pola música da Charanga Los Támega, que acompañará os comensais durante a comida.

Pola tarde, o Trío Detrés ofrecerá un espectáculo infantil baixo o título "Máis ritmo", seguido dunha actuación musical de Laura Añón e Ángel Sevilla.

A festa concluirá co tradicional Velorio e Enterro do Chapante, un acto cargado de humor e simbolismo que pón o broche final a tres días de celebración.