Hospitalizado un peón atropelado en Sanxenxo

Sanxenxo
09 de xullo 2026
Actualizado: 11:00

O accidente ocorreu á primeira hora da mañá deste xoves 9 na Avenida de León, na parroquia de Padriñán

Avenida de León en Sanxenxo Concello de Sanxenxo - Arquivo

Un peón foi trasladado ao Hospital Montecelo de Pontevedra tras ser alcanzado por un turismo no termo municipal de Sanxenxo.

O accidente produciuse minutos antes do oito da mañá nun paso de peóns situado na Avenida de León, situada na parroquia de Padriñán.

O servizo de emerxencias 112 Galicia coordinou o operativo tras recibir a alerta do suceso.

Os axentes da Policía Local que acudiron ao lugar solicitaron a presenza urxente dos servizos sanitarios debido ás lesións graves que presentaba a vítima ao ter sufrido un golpe na cabeza.

Segundo informa o Concello de Sanxenxo despois das primeiras investigacións, a causa do accidente foi un despiste por parte do conductor.

Tras someterse ás probas por parte da Policía Local, o condutor ofreceu resultado negativo nas control de consumo de alcohol e drogas. 

Tanto o veciño ferido como o condutor residen en Sanxenxo.

Na asistencia e intervención no punto participaron profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Tamén colaboraban membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Sanxenxo.

Engade Pontevedra viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora