Identifican o responsable dunha vertedura de disolventes e pintura ao rio Rego do Mouro

Poio
16 de xullo 2023

Axentes da Policía Local recibían o venres 14 de xullo a alerta dun viandante ao comprobar que o río presentaba unha cor branca. A través das arquetas lograron chegar á vivenda onde se orixinaba o derrame

Vertedura no río Rego do Mouro Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio logrou identificar á persoa responsable dunha vertedura de disolventes e pintura ao río Rego do Mouro.

O río, ao seu paso pola 4ª Travesía dá Seara, presentaba unha cor esbrancuxada, segundo denunciara un viandante durante o venres 14 de xullo.

A partir dese momento, os axentes solicitaron aos servizos de Viaqua, empresa concesionaria do sistema de augas en Poio, que buscase o rastro a través das arquetas desa zona.

Desta forma logrouse dar cunha vivenda particular, emprazamento en que se orixinou a vertedura, segundo informa a Policía local de Poio.

A persoa denunciada exponse agora a unha sanción económica por infrinxir a Lei de Augas de Galicia, que se establece entre os 1.500 e os 5.000 euros.