O martes 19 de maio será unha xornada especial en barrio marinense de San Pedro.
O IES Mestre Landín organizará ese día a primeira edición das xornadas 'Facendo Barrio', que pretende converterse nun punto de encontro anual para a comunidade educativa e os veciños de Marín.
O centro educativo organiza esta celebración comunitaria en colaboración co CEIP Sequelo, A Galiña Azul e o CEIP Carballal.
Terá lugar o citado martes 19 de maio a partir das 17.00 hortas na Praza de San Pedro.
Trátase ademais dunha convocatoria aberta a toda a cidadanía e gratuíta, coa que se busca fomentar a convivencia, fomentar os vínculos entre os diferentes centros educativos e poñer en valor a diversidade cultural e social que caracteriza o barrio de San Pedro.
Preparouse unha programación con actividades para todas as idades, entre as que se inclúen xogos populares, obradoiros creativos, propostas gastronómicas e música en directo, ademais de sorteos e sorpresas para os asistentes.
Tamén estará presente a Fundación Secretariado Xitano cunha proposta bautizada como 'A maleta xitana', coa que pretende achegar a súa cultura e valores aos veciños da zona.
Desde o IES Mestre Landín destacaron que 'Facendo Barrio' aspira a ser máis que unha festa puntual, apostando por crear espazos de encontro entre xeracións, culturas e comunidades educativas diferentes, promovendo valores como a inclusión, a cooperación e a participación veciñal.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.