Iluminación sostible para mellorar a seguridade da ruta da Ostreira

Poio
14 de xullo 2026

A actuación corresponde á primeira fase dunha iniciativa que busca dotar de iluminación o tramo inicial da senda, con saída desde Campelo

Mellora da visibilidade no roteiro da Ostreira Concello de Poio

A Asociación de Veciños de Campelo completou a instalación dun sistema de iluminación sostible nun primeiro tramo da ruta da Ostreira.

Trátase dunha actuación que permitirá mellorar a visibilidade e a seguridade das persoas que utilizan este camiño durante todo o ano.

Este proxecto corresponde á primeira fase dunha iniciativa máis ampla que busca dotar de iluminación ao tramo inicial da senda, con saída desde Campelo.

O alcalde, Ángel Moldes, e o presidente da asociación veciñal, Manuel Ligero, visitaron a zona para comprobar o resultado dos traballos, destacando que o deseño respectou a contorna e as características naturais do espazo.

Esta ruta é utilizada a diario por veciños e visitantes para pasear, practicar deporte ou realizar sendeirismo, e tamén forma parte do itinerario de peregrinos e mariscadoras, que o percorren para acceder á praia durante a súa xornada de traballo.

A nova iluminación permitirá mellorar as condicións de seguridade, especialmente durante os meses de inverno, cando a redución das horas de luz dificulta o tránsito.

"Este proxecto é unha mostra de como a iniciativa das asociacións veciñais contribúe a mellorar Poio", afirmou o alcalde.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora