Incautan 120 quilos de cocaína que chegaron ao porto de Marín adheridos ao casco dun barco ruso

Marín
21 de febreiro 2025
Actualizado: 16:13

É resultado dunha investigación conxunta da Garda Civil, a Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira. O buque facía a ruta Brasil-Dover con escala en Róterdan. Os mergulladores localizaron o alixo

Operativo antidroga no Porto de Marín Subdelegación del Gobierno

Nova operación antidroga no porto de Marín. Unha investigación conxunta da Garda Civil, a Polícia Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira permitiu intereptar un alixo de 120 quilos de cocaína.

A droga foi localizada adherida ao casco dun barco que arribou á dársena marinense o xoves, segundo a información facilitada polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada.

Trátase dun buque cargueiro ruso que navega con bandeira panameña, o Crown Garnet. Está a facer a ruta entre Brasil e Dover (Reino Unido) e ten prevista escala en Róterdan (Holanda).

Os investigadores tiveron coñecemento de que puña ter droga adherida ao casco, de modo que, ao chegar ao porto o xoves, foi retido.

Este venres, a Garda Civil desprazou até o porto de Marín ao Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil (GEAS), que realizou unha inspección e loclaizó a droga.

Unha vez recuperado o alixo por parte dos mergulladores, os investigadores comprobaron que se trata de 120 quilogramos de cocaína.

Droga incautada no Porto de MarínSubdelegación del Gobierno

Abel Losada quixo felicitar ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado por "manter a garda moi alta" e "seguir logrando éxitos" na loita contra a droga.

E aprevechó para enviar unha mensaxe "moi clara" aos narcotraficantes, que "por moito que se esforcen, a presión policial da Garda Civil, a Policia Nacional e Vixilancia Aduaneira vai continuar".