Un axente da Policía Local de Pontevedra foi quen apagou este domingo o incendio nunha vivenda da rúa Virxe do Camiño.
O suceso tivo lugar pouco despois das cinco da tarde, nun piso do edificio número 31 desta rúa.
Incendiouse a campá extractora e o policía local foi o primeiro en acudir cun extintor, deixado o conato nun simple susto sen feridos.
Os incendios nas campás extractoras son bastante frecuentes, de feito este mesmo domingo repetiuse o incidente en Vilaboa. Foi no lugar do Outeiro, ás 12.30 horas, e non tivo consecuencias importantes.
O problema das campás extractoras é que co paso do tempo a graxa vaise acumulando no seu interior e esta sucidade fai as veces de combustible e facilita que o lume adquira máis virulencia.