Un incendio forestal calcina 3.000 metros cadrados e obriga a cortar o tráfico en Major

Sanxenxo
29 de xullo 2025
Actualizado: 17:41

O lume rexistrouse pasadas as 13.00 horas na zona do Racing Dakart de Major. Obrigou a cortar o tráfico e desviar a circulación da zona durante cinco minutos debido ao intenso fume

Incendio forestal en Major EFE/ Lavandeira Jr

Un incendio en terreo forestal calcinou este martes 3.000 metros cadrados de terreo con vexetación en Major, en Sanxenxo.

O lume rexistrouse pasadas as 13.00 horas deste martes na zona do Racing Dakart de Major, na parroquia de Noalla.

Segundo a información facilitada polo Concello de Sanxenxo, obrigou a cortar o tráfico e desviar a circulación da zona durante cinco minutos debido ao intenso fume. Pouco despois, recuperouse a normalidade.

Até o lugar do incendio desprazouse un amplo operativo de medios para extinguilo o máis axiña posible.

Incendio forestal en MajorConcello de Sanxenxo

Así, mobilizáronse medios de Emerxencias de Sanxenxo, os Bombeiros de Ribadumia, os Bombeiros de Pontevedra, a Policía Local e a Garda Civil.

Ademais, desprazáronse efectivos da Consellería de Medio Rural, un helicóptero e catro brigadistas.

Segundo o balance inicial, o lume non puxo en perigo ningunha vivenda e non foi necesario desaloxar ningunha.