O incendio de Lourizán e o Monte Pituco deixa sen luz a 247 fogares

Pontevedra
08 de xullo 2025
Actualizado: 12:42

O lume afectou a varias liñas de alta tensión. Ás 9.40 da mañá deste martes había 3 centros de transformación sin servizo e Naturgy traballaba para resolver a avaría o antes posible

Incendio en Lourizán visto dende A Caeira
Incendio en Lourizán visto dende A Caeira / Pontevedra Viva

O incendio declarado a última hora da tarde deste luns entre a parroquia pontevedresa de Lourizán e o Monte Pituco, en Marín, deixou como consecuencia un corte da subministración eléctrica nas casas da zona.

Segundo a información facilitada polo Concello de Marín, o lume afectou a varias liñas de alta tensión.

Segundo informou Naturgy ao Concello, sobre as 9.40 horas deste martes había 3 centros de transformación sin servizo e 247 clientes afectados. 

A primeira hora da mañá deste martes estaban tratando de resolver a avaría "o antes posible" para poder restaurar o servizo.

O lume comezou sobre 20.30 horas nunha zona prácticamente colidante a Marín, en San Xulián, aínda que, segundo o Concello, non houbo perigo de afectación a vivendas.

Detectáronse tres focos activos, dos que dous foron controlados nos primeiros momentos grazas ao amplo dispositivo de medios terrestres e aéreos despregado.

Segundo a información facilitada pola Consellería de Medio Rural, a superficie afectada chegou ás dez hectáreas.