Infectados por covid catro sanitarios de Urxencias do hospital de Montecelo

Pontevedra
03 de outubro 2020

Concretamente os afectados por este gromo son tres médicas de Urxencias e unha auxiliar de enfermería os que deron positivo por covid-19 nas probas PCR realizadas hai dous días

Servizo de Urxencias do Hospital Montecelo Mónica Patxot

Catro profesionais do servizo de Urxencias do Hospital de Montecelo contaxiáronse de coronavirus, segundo informaron fontes sanitarias.

Concretamente os afectados por este gromo son tres médicas de Urxencias e unha auxiliar de enfermería os que deron positivo por covid-19 nas probas PCR realizadas hai dous días.

Estas mesmas fontes sinalaron que non foi necesario illar ningunha planta do hospital xa que os contaxios tiveron lugar fóra de Montecelo.

A Xerencia da área Sanitaria de Pontevedra – O Salnés indicou están a realizarse cribados preventivos entre o persoal do servizo.