Inician a terceira campaña de control na poboación de gatos nas rúas da cidade

Pontevedra
05 de marzo 2015

O Concello, en colaboración de 20 voluntarios e a asociación Difusión Felina, confían en esterilizar entre 80 e 90 gatos chegando a novas colonias das detectadas na cidade

Presentación da terceira campaña de control de poboación de gatos PontevedraViva

O Concello de Pontevedra, coa colaboración da asociación Difusión Felina e de 20 voluntarios, levará a cabo a terceira campaña de control de poboación de gatos nas rúas da cidade.

Segundo explicou o concelleiro de Sanidade Animal, Miguel Filgueira, trátase de "coller, esterilizar e ceibar" aos gatos que compoñen as colonias localizadas no centro urbano.

Nas dúas campañas anteriores conseguiuse chegar a 180 animais, mentres nesta ocasión o obxectivo é controlar "entre 80 e 90 máis", sinalou Filgueira.

Contan cun presuposto de 5.000 euros e pretenden ademais elaborar un censo e un inventario das colonias que se reparten por diferentes zonas da cidade.

Ademais sinalizaranse con carteis as zonas nas que os voluntarios están a actuar para un maior coñecemento dos veciños.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora