Inicio "inmediato" da obra do colector do Gafos entre Otero Pedrayo e a estación de autobuses

Pontevedra
26 de xuño 2026
Actualizado: 14:14

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou este venres a adxudicación por vía de urxencia dos traballos. "É unha emerxencia porque está a contaminar o río", asegura

Colector do Gafos detrás da estación de autobuses

A empresa Viaqua será a encargada de acometer as obras para sacar da canle do río Gafos o colector de saneamento na contorna da estación de autobuses.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou este venres a adxudicación por vía de emerxencia dos traballos, tras recibir a autorización pertinente de Augas de Galicia e ao contar tamén co permiso dos propietarios dos terreos afectados.

O obxectivo desta actuación é pór fin ás verteduras localizadas nesa zona do río, agravadas polos danos no colector ocasionados durante os temporais do pasado inverno.

"É unha emerxencia porque está a contaminar o río", asegurou o alcalde.

Por iso, e porque é unha obra "que se ten que facer no verán xa que con choivas e maior o caudal e sería difícil", a actuación "se vai iniciar inmediatamente", ha avanzando Lores.

En concreto a zona na que se intervirá é o tramo do Gafos que discorre entre a Rúa Otero Pedrayo e estación de autobuses.

Estas obras permitirán retirar 360 metros de tubaxe da canle do río, creando novas canalizacións de PVC de maior capacidade polos terreos anexos.

O custo destes traballos será de 752.314 euros.